aRtropocode summerlab 2014: conta atrás

O mércores da próxima semana, 17 de setembro ás 11 horas comezará o aRtropocode summerlab 2014 #SOLGA na Normal, espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña. 

Simbioses creativas entre corpo(s), tecnoloxía(s) e ecoloxía(s) é o título deste summerlab, un encontro aberto en que persoas creadoras, investigadoras e activistas se xuntan nun clima de cooperación e troco aberto, para compartir coñecementos (educación expandida) e desenvolver proxectos transdisciplinares (prototipado e produción) utilizando tecnoloxías e licenzas libres. No aRtropocode 2014 contaremos cunha mestura de persoas e colectivos chegados de toda a Península e puntos internacionais, xunto a persoas e colectivos galegos, traballando en rede e potenciando o contexto local. O evento está integrado tamén no circuíto SummerofLabs, que comezou en xullo en Nantes e que concluirá en outubro en Casablanca.

A nivel de contidos en desenvolvemento, poderedes atopar investigacións en liñas experimentais, como a impresión dixital 3D orientada a próteses corporais, hardware libre orientado a un modelo aberto de ciencia, a revolución tecnolóxica da filosofía da diversidade funcional, ou propostas performativas que integran drons (vehículos aéreos non-tripulados) e sonifican o movemento dos corpos no espazo, por poñer algúns exemplos. Nas ligazóns que incorporamos poderedes atopar máis información, alén do contacto para poder consultar dúbidas ou realizar as vosas achegas.

Nodos e presentacións/conexións telepresencia (streamings). Aberto a propostas até e durante o evento.

A asemblea é o espazo aberto onde se irán presentando as persoas que cheguen novas cada día. Tamén é onde decidiremos o programa completo do día, incluíndo presentacións ou workshops procedentes das mesas de traballo, ou de persoas que acaban de chegar.

PROGRAMA 17 SETEMBRO

11:00- Distribución do espazo para as mesas de traballo

12:00- Asemblea inicial

14:15- Comida

16:00- Desenvolvemento das mesas de traballo

22:00- Fin da sesión diúrna de traballo

18 SETEMBRO

11:00- Ioga

12:00- Asemblea

14:15- Comida

16:00- Desenvolvemento das mesas de traballo

22:00- Fin da sesión diúrna de traballo

19 SETEMBRO

11:00-Ioga

12:00-Asemblea

14:15-Comida

16:00-Desenvolvemento das mesas de traballo

22:00-Fin da sesión diúrna de traballo

20 SETEMBRO

11:00- Ioga

12:00- Asamblea

14:15- Comida

16:00- Desenvolvemento das mesas de traballo

19:00-Conexión en liña (streaming) coas xornadas do MUSAC (León)

19:30- Presentación das mesas de traballo.

22:00- Saída de NORMAL cara á festa de despedida.

21 SETEMBRO Recollida e feche.

aRtropocode 2013

Twitter

Mediateca e streaming

artropocode@gmail.com

Tagged ,