Asemblea inaugural: comezamos

artropocode

Comezamos a xornada coa recepción das persoas que chegaron onte e hoxe pola mañá. Na primeira asemblea abre Beka a rolda de presentacións explicando a orixe do Summer of Labs e a historia do aRtropocode. Segue Marta quen leva a parte administrativa e Iria que se ocupará de loxística e ademáis comenta que este ano será ela a que leve as sesións de Ioga. Xosé e Hector serán os responsábeis de documentar en vídeo todo o que aconteza no encontro.

As presentacións continuaron con Bricolabs un espazo autónomo aloxado en Domus onde se investiga ao redor das impresoras 3D. A proposta de Bricolabs (Xoán, Gino e Tucho) é desenovolver unha impresora portátil, aínda que esta idea pode variar en función do que atopen aquí.

Seguimos con máis traballos de impresión 3D da man de David de La Residencia CC de Sevilla que con exando una mano”investigan sobre as posibilidades de autoconstrucción no ámbito das próteses que xurdiu pola necesidade concreta dunha rapaza que naceu sen dedos da man. Mila apuntou a necesidade de falar sobre a cuestión das patentes e da construción usando tecnoloxías libres das próteses, e propón facer un debate sobre o tema.

Continúa Paula Pin de Pechblenda do nodo BiotransLab que traía a proposta de investigar a aplicación de TiO2(dióxido de titánio) para a limpeza de augas. Porén que despois de escoitar as aportacións dos nodos pensa derivar a actividade do nodo para o desenvolvemento dunha man robótica para sentir (organo táctil biónico). Neste nodo tamén está Marc que aporta o seu coñecemento en open source, bio arte, prototipado e media-ecology.

Álvaro ven a presentar KINEO e a explorar dispositivos de control audiovisual con hardaware onde diferentes persoas en movemento podan interactuar a través destes dispositivos. Un dos obxectivos e a actualización da programación usando software libre.

Dron-fu é o experimento de Lot que pretende buscar a interrelación do control remoto de drones por medio do teléfono e interrelacionalo co movemento das artes marciais (kun-fu).

Cristina con Microprojects analizan pequenos proxectos de diferentes ámbitos e ver a interrelación que poden xurdir, os seus intereses van en torno á ortopedia, botánica, cidade, mobilidade e paisaxe urbano. Están investigando as posibilidades de personalizar o calzado a partir do uso. Finalmente farán presentación para explicar todos os proxectos nos que están traballando e que teñen feitos.
Clara e Nuria traballan co corpo, con Omnio xunto a Macarena explorarán as posibilidades das artes escénicas e música experimental. A integración do corpo, os sons e a escenografía con artefactos e tecnoloxías. Propón facer un obradoiro sobre o corpo.

Aniara que ve co nodo Básica Transmutación fala de recuperar a raíz da cosmética (do grego cosmos) a través da recolleita de prantas aromáticas, e empregar as metodoloxías tradicionais de creación de aceites esenciais. Maite de Zocamiñoca estará participando tamén neste nodo para aportar o coñecemento das propiedades emocionais e de saúde que temos na natureza. Moi interesada na parte alquímica do nodo.
Pedro Angelo acaba de chegar de Porto, ven de Audiência Zero e ven a compartir o seu coñecemento en programación creativa nos procesos creativos e instalacións audiovisuais para todos aqueles nodos que o precisen.

Rematada a asemblea chega o equipo de Leiralonga, agricultura ecolóxica: unha iniciativa de soberanía alimentaria coa súa horta propia e unha comida para lamber os dedos. Esta tarde teremos presentacións que se poderán consultar na portada da wiki.

Tagged ,