Call4Nodes //Summerlab aRtropocode 2014

//Convocatoria aberta

NORMAL, A Coruña

Simbioses creativas entre corpo(s), tecnoloxía(s) e ecoloxía(s)

Que é?

Este evento está proposto como un espazo de convivencia e xeración de proxectos/prototipos mediante o work-in-progress e a metodoloxía colaborativa interdisciplinar. Do It Yourself, Do It Together. Que tipo de propostas se desenvolverán? O obxectivo é traballar colectivamente en diversas mesas de traballo (nós) que xiren en torno ao software e hardware libres, os transfeminismos, as interactividades, o fabbing, as narrativas, as cartografías, as performances, o noise, a háptica, o biohacking e un longo etcétera aberto ás vosas propostas, na liña habitual dos summerlabs.

Que é un summerlab?

Un summerlab é un evento comunitario, que presenta como características ser:

  • Libre, aberto e gratuíto.
  • Impulsado por axentes ou entidades do entorno no que ten lugar, e vencellado ao contexto no que se sitúa.
  • Unha organización das actividades na que toda persoa interesada pode propoñer contidos. Todas as participantes comparten coñecementos “facendo”.
  • Todas sabemos de algo e somos aprendices de algo, aprendendo entre todas.
  • Fomenta o DIY e o DIWO, a cultura libre e o uso de tecnoloxías e licenzas libres.

Cantas persoas podemos acoller?

A equipa de coordinación pode asegurar aloxamento e unha comida ao día para as persoas asistentes, cun máximo dunhas 40/50. Na medida das nosas posibilidades, distribuiremos axudas de desprazamento. A nosa intención é que conflúan persoas do contexto local/galego xunto a persoas das redes estatais e globais :)

Sacos de durmir e tendas serán imprescindíbeis. Non as esquezades.

Onde terá lugar o evento?

As mesas de traballo e presentacións desenvolveranse na NORMAL,o espazo de intervención cultural da Universidade de Coruña. As Oficinas de Software Libre das universidades galegas apoian e participarán tamén do evento. O espazo de work-in-progress estará aberto á visita de calquera persoa para ofrecer colaboracións, botar unha ollada…

Cando terá lugar?

Do 17 ao 21 de setembro. Poderemos ter acceso ao espazo de traballo de xeito diúrno e nocturno. Como podedes enviar as propostas e cal é a data límite? Podedes enviar unha breve descrición da vosa proposta e necesidades de material, xunto a algunha imaxe e ligazón das referencias da vosa idea, ao mail artropocode@gmail.com. Data límite: 15 de xullo. Indicade tamén, por favor, o número de persoas que viría con cada proposta e se algunha delas ten algunha necesidade específica alimentaria ou dalgún outro tipo.

Que infraestrutura de comunicación utilizaremos?