Sobre

O Summerlab é un encontro aberto no que persoas creadoras, investigadoras e activistas xúntanse durante cinco días nun clima de cooperación e troco aberto, para intercambiar e desenvolver proxectos transdiciplinares.

Formato

Está organizado ao redor de nodos libremente propostos -grupos de traballo temáticos – que, a través do natural proceso de interacción xera oportunidades de aprendizaxe aberta e colaboracións emerxentes. Estos nodos traballan en mesas ou espacios definidos pero non pechados, para promover a interrelación e a participación de asistentes ao SummerLab. A fórmula do SummerLab favorece a colaboración, investigación e  cooperación entre perfiles diferentes tanto no desenvolvemento de aplicacións, dispositivos e código como nos usos dos mesmos. O SummerLab é un evento intensivo de cinco días aproximadamente con participación aberta. Existe outro formato máis longo con menos participantes, pero mantendo as mesmas características de residencia colectiva

Eixos temáticos

Os contidos dos grupos de traballo son múltiples, dependendo da participación, mais poden ser agrupados baixo a etiqueta da Cultura Libre, situada no cruzamento entre corpo(s), tecnoloxía(s) e ecoloxía(s). Comprende desde a electrónica DIY e software libre ata a creación de cartografías cidadás, desde bicicletas a talleres de drag king, danza e performances multimedia, fabricación dixital, xardíns ou transfeminismo. Software libre/Hardware libre: unha das aportacións máis importantes do software libre é o método de desenvolvemento: as alianzas por obxectivos, a aportación de todas as partes, desde o desenvolvemento ata a súa final usabilidade, o testeo, a publicación de resultados, a libre disposición do código para melloralo en rede. Nesta mesma liña podemos situar o hardware libre e a publicación dos circuitos. Maker Revolution: deseño aberto, impresoras dixitais 3D, reconstrucción volumétrica. Deseño e prototipado cada día máis simple, rápido e eficiente como formulación dunha verdadeira revolución maker, tamén chamada a nova revolución industrial. DIY/DIT: Baixo o lema “Faino ti mesmo”(Do It Yourself)/”Faino en conxunto”, esta metodoloxía propón a creación autónoma de dispositivos construídos con hardware e software libre, con coñecemento aberto mediante documentación colectiva, comunitaria e traballo colaborativo, empregando mediación de ser precia entre os diferentes axentes. O Medialab-Prado é un bo exemplo destas dinámicas. Procomún:No xeral falamos sobre Procomún cando xente, veciñanza, residentes, cidadanía, persoas da comunidade, están unidas polo mesmo desexo de coidar un recurso colectivo, ou crear un, e auto-organizalo dun xeito participativo e democrático para que poida estar ao servizo do interese xeral. Confrontado pola acumulación de crises climáticas, económicas, alimentarias, democráticas, o Procomún aparece cada vez máis como unha alternativa á lóxica do mercado e do Estado, ao mesmo tempo económica, cultural e social. Transfeminismos: tecnoloxías libres e de código aberto para corpos libres. A construción e deconstrución continua das tecnoloxías de xénero é outra liña fundamental canalizada habitualmente a través da danza, da performance, de dispositivos híbridos (corpo-tecnoloxía).   Ecoloxías: ecoloxía de código aberto, tecnoloxía en función de obxectivos permaculturais e de sustentabilidade, investigación en fontes de enerxía alternativa. Dispositivos híbridos que inclúen todo tipo de materia orgánica nunha clave posthumana (onde a VIDA no seu conxunto, e non só o ser humano, ocupa o foco de interese).Intersección entre arte, ciencia, sociedade, tecnoloxía como área de experimentación e investigación. Desenvolvemento en rede: o formato SummerOfLabs como rede de eventos enfatiza a importancia de atender ao impacto local do proxecto, acollendo e empoderando a creadoras e creadores da Galiza que poderán trocar experiencias e coñecementos con outras e outros procedentes doutros lugares e con formación e experiencia contrastada.

Auto-organización

Respondendo a unha organización do traballo similar ás comunidades de desenvolvemento de software libre, os obxectivos finais non están impostos nen definidos. Cada día comeza cunha asemblea onde cada quen se presenta, trátanse as cuestións loxísticas e prácticas e os diversos avisos son realizados. Os orzamentos son transparentes, publicados online e presentados en asemblea. A participación é libre como a proposta de nodos e outros xeitos de participación. Tanto como se poda a comida e aloxamento é provista pola organización, calculando para o evento intensivo aloxamento e comida para unhas 40-50 persoas, ou para o formato residencia con un nivel moito máis reducido de participación.