Tag Archives: crónica

Xa é venres! hoxe no aRtropocode…

aRtropocode2014

Hoxe na asemblea da mañá presentáronse Urko e Majo de Post-Op, que investigan sobre a sexualidade, pornografía e a representación: Pornotopedia é un proxecto no que  deseñar xoguetes sexuais inclusivos, para grupos con outras movilidades e diversidade funcional.

Jorge Barco de Medillín(MAMM), artista e productor cultural, traballa no entornal noise e construcción de aparato  e o Noise como un concepto para albergar o indefinido na contemporaneidad. Chega ao aRtropocode para ver como funcionan os encontros en espazos culturais nos que se traballa en redes. Estará no encontro do MUSAC coa palestra “Museos movimientos y redes” e unha performance xunto Pedro Soler títulada “son ruptura”.

Carlos traballa con son, electrónica analóxica na creación física de obxectos sonoros para o seu como ferramentas de exploración. Oído pel e carne están conectados evolutivamente, podemos escoitar co corpo non só coas orellas, sobre todo a baixa frecuencia.

Propón un obradoiro de soldadura e construcción dun secuenciador de pulso,hoxe ás 18, no obradoiro pódese adquirir o kit (25€).

Tonecho de artopokids, especialista en educación, está interesado en todo lo que se pueda aplicar en un contexto educativo, su interese no encontro e ver un pouco as posibilidades de prototipado e de creción tecnóloxica que ofrece cada un dos proxectos que se están desenvolvendo.

Carolina está en residencia artítica en NORMAL no segundo andar,  cunha obra escénica ritual inspirada na sabiduría dos indios norteamérica e remata sendo unha búsqueda persoal do sagrado. Está coa idea de colaborar con Alvaro e Carlos, buscando a relación tecnoloxía e corpo.

 

Tagged , ,

Segunda xornada. Seguimos explorando.

O equipo de EXando una mano crece, chega Alberto (cerojugadores.com) que se presenta como o mediador da estructura do proxecto, creando unha interfaz telemática apta para compartir información e poñendo en contacto todas as partes implicadas no proxecto (familia, institución e grupos de traballo).
Fran ven a complemente el proceso, desenvolvemento de deseño e visión 3D, están abertos a axuda en electrónica.

Xavi Daax chega con Dance-j un traballo en torno á detección de movemento do corpo,un proxecto en desenvolvemento para explorar as posiblidades de integración con outros nodos, o uso de webcam e kinet para capturar a xestualidade dos corpos, é benvida a axuda téncica e xente que quera bailar e probar un pouco.

Fran de Lata muda, non traen cacharros pero si moitas ideas, a ide é dar a coñecer o Lab Rural, explicar un pouco que procesos se están a facer en ámbito estatal, ver o que se está a artellar no summer e aplicalo ao LabRural
Arte en rede é un proxecto para traballar entre todas as e favorecer unha mellor comunicación entre o summer e as persoas interesadas.

Pedro Soler, ven de Medellín, traballa en taller público de experimientación, buscando fórmulas innovadoras que expermienten con hardware, como sofware como bío.
Por outra banda ven a preparar a performance para o enlace este sábado co MUSAC(de león) que estarán celebrando o encontro de redes.

BxzyyMBCUAAwEEf

U un grupo fixo esta mañá unha saída para recoñecemento e recollida de prantas medicinais e comestibles, chegando ata o monte de San Pedro.

E agora ás 18h temos previsto un interesante debate sobre a problemática coas patentes e a autonomía no deseño e fabicación de próteses.

Máis tarde ás presentacións de xeoPesca e Abioxénese: un proxecto de instalación interactiva

Tagged ,

Asemblea inaugural: comezamos

artropocode

Comezamos a xornada coa recepción das persoas que chegaron onte e hoxe pola mañá. Na primeira asemblea abre Beka a rolda de presentacións explicando a orixe do Summer of Labs e a historia do aRtropocode. Segue Marta quen leva a parte administrativa e Iria que se ocupará de loxística e ademáis comenta que este ano será ela a que leve as sesións de Ioga. Xosé e Hector serán os responsábeis de documentar en vídeo todo o que aconteza no encontro.

As presentacións continuaron con Bricolabs un espazo autónomo aloxado en Domus onde se investiga ao redor das impresoras 3D. A proposta de Bricolabs (Xoán, Gino e Tucho) é desenovolver unha impresora portátil, aínda que esta idea pode variar en función do que atopen aquí.

Seguimos con máis traballos de impresión 3D da man de David de La Residencia CC de Sevilla que con exando una mano”investigan sobre as posibilidades de autoconstrucción no ámbito das próteses que xurdiu pola necesidade concreta dunha rapaza que naceu sen dedos da man. Mila apuntou a necesidade de falar sobre a cuestión das patentes e da construción usando tecnoloxías libres das próteses, e propón facer un debate sobre o tema.

Continúa Paula Pin de Pechblenda do nodo BiotransLab que traía a proposta de investigar a aplicación de TiO2(dióxido de titánio) para a limpeza de augas. Porén que despois de escoitar as aportacións dos nodos pensa derivar a actividade do nodo para o desenvolvemento dunha man robótica para sentir (organo táctil biónico). Neste nodo tamén está Marc que aporta o seu coñecemento en open source, bio arte, prototipado e media-ecology.

Álvaro ven a presentar KINEO e a explorar dispositivos de control audiovisual con hardaware onde diferentes persoas en movemento podan interactuar a través destes dispositivos. Un dos obxectivos e a actualización da programación usando software libre.

Dron-fu é o experimento de Lot que pretende buscar a interrelación do control remoto de drones por medio do teléfono e interrelacionalo co movemento das artes marciais (kun-fu).

Cristina con Microprojects analizan pequenos proxectos de diferentes ámbitos e ver a interrelación que poden xurdir, os seus intereses van en torno á ortopedia, botánica, cidade, mobilidade e paisaxe urbano. Están investigando as posibilidades de personalizar o calzado a partir do uso. Finalmente farán presentación para explicar todos os proxectos nos que están traballando e que teñen feitos.
Clara e Nuria traballan co corpo, con Omnio xunto a Macarena explorarán as posibilidades das artes escénicas e música experimental. A integración do corpo, os sons e a escenografía con artefactos e tecnoloxías. Propón facer un obradoiro sobre o corpo.

Aniara que ve co nodo Básica Transmutación fala de recuperar a raíz da cosmética (do grego cosmos) a través da recolleita de prantas aromáticas, e empregar as metodoloxías tradicionais de creación de aceites esenciais. Maite de Zocamiñoca estará participando tamén neste nodo para aportar o coñecemento das propiedades emocionais e de saúde que temos na natureza. Moi interesada na parte alquímica do nodo.
Pedro Angelo acaba de chegar de Porto, ven de Audiência Zero e ven a compartir o seu coñecemento en programación creativa nos procesos creativos e instalacións audiovisuais para todos aqueles nodos que o precisen.

Rematada a asemblea chega o equipo de Leiralonga, agricultura ecolóxica: unha iniciativa de soberanía alimentaria coa súa horta propia e unha comida para lamber os dedos. Esta tarde teremos presentacións que se poderán consultar na portada da wiki.

Tagged ,