Tag Archives: musac

Stream aRtropocode – Musac #RRSSmuseos

Adtlántida.tv presenta :
Stream audiovisual colaborativo entre Artropocode Summerlab e Redes IV MUSAC
Sábado 20 Setembro 2014 19H -> 19h30

Adtlántida.tv, o servizo galego de streaming con software libre, transmitirá a conexión do encontro Artropocode Summerlab en Normal, A Coruña, e o IV Encontro sobre Redes Sociais en museos, centros de arte e produción no MUSAC, León. A conexión terá lugar entre as 19h00 e as 19h30 e pode ser visualizado nesta ligazón

 

O Summerlab Artropocode en Normal, A Coruña, é un encontro aberto de persoas creadoras, investigadoras e artivistas que se xuntan nun clima de cooperación e intercambio aberto para compartir coñecementos(educación expandida) e desenvolver proxectos  transdisciplinarios (prototipado e produción) utilizando tecnoloxías e licenzas libres. Artropocode 2014 é unha mestura de persoas e colectivos de toda a Peninsula e outros paises, xuntos con persoas e colectivos galegas, traballando en rede e empoderando o contexto local. Presentación pública o sábado 20 setembro ás 19h30 en Normal.

O IV Encontro sobre Redes Sociais en museos, centros de arte e produción : Intermedia_Redes_Ecosistemas, organizado no MUSAC, León, por Jaime dos Rios e Araceli Corbo, convoca a comunidade artística dixital, performativa e a diferentes pensadoras que no SXXI, na xa denominada era post-Internet, reflexionarán sobre a actualidade e a definición do concepto de Rede, ensinarannos a súa maneira de concibir e traballar con ela/s e os efectos estéticos e sociais que invaden a capa real desde o virtual ou dixital.

seguir todo o programa do IV Encontro desde as 10h00 até as 21h00 e o domingo pola mañá

Tagged , ,