Xa é venres! hoxe no aRtropocode…

aRtropocode2014

Hoxe na asemblea da mañá presentáronse Urko e Majo de Post-Op, que investigan sobre a sexualidade, pornografía e a representación: Pornotopedia é un proxecto no que  deseñar xoguetes sexuais inclusivos, para grupos con outras movilidades e diversidade funcional.

Jorge Barco de Medillín(MAMM), artista e productor cultural, traballa no entornal noise e construcción de aparato  e o Noise como un concepto para albergar o indefinido na contemporaneidad. Chega ao aRtropocode para ver como funcionan os encontros en espazos culturais nos que se traballa en redes. Estará no encontro do MUSAC coa palestra “Museos movimientos y redes” e unha performance xunto Pedro Soler títulada “son ruptura”.

Carlos traballa con son, electrónica analóxica na creación física de obxectos sonoros para o seu como ferramentas de exploración. Oído pel e carne están conectados evolutivamente, podemos escoitar co corpo non só coas orellas, sobre todo a baixa frecuencia.

Propón un obradoiro de soldadura e construcción dun secuenciador de pulso,hoxe ás 18, no obradoiro pódese adquirir o kit (25€).

Tonecho de artopokids, especialista en educación, está interesado en todo lo que se pueda aplicar en un contexto educativo, su interese no encontro e ver un pouco as posibilidades de prototipado e de creción tecnóloxica que ofrece cada un dos proxectos que se están desenvolvendo.

Carolina está en residencia artítica en NORMAL no segundo andar,  cunha obra escénica ritual inspirada na sabiduría dos indios norteamérica e remata sendo unha búsqueda persoal do sagrado. Está coa idea de colaborar con Alvaro e Carlos, buscando a relación tecnoloxía e corpo.

 

Tagged , ,