Inoculando setas luminiscentes (Panellus Stipticus)

O cultivo de setas luminiscentes é outro dos meus proxectos en/para Chozas.No futuro a intención é utilizalos para integralos en bioarquitectura e/ou para sinalizar carreiros internos do terreo comunitario. Forma parte tamén dunha das miñas liñas de investigación persoal a aplicar nun proxecto que estou a xestar para comezar en outono/inverno.

Os pellets co micelio de Panellus Stipticus merqueino ao Grupo Reinventa de Ourense, a quen lle teño que agradecer tamén as instruccións para a inoculación, así como unha proposta espontánea de colaboracións futuras.

Entre Javi e eu escollimos un carballo da zona e podamos unha póla facendo turnos coas súas ferramentas xaponesas :).Cando se poda unha póla hai que cortala a unha distancia prudencial do tronco para evitar calquera complicación ou dano á árbore. A continuación, trasladamos a póla e cortámola en 5 anacos.

IMG_20140722_183348

IMG_20140722_185236

En cada un dos anacos fixen diversos furados e introducín os pellets. Cun martelo introdúcense completamente no interior do tronco e para rematar cúbrense os furados con cera dunha vela para evitar que esporas doutras especies se introduzan. Ao medrar a seta  atravesa a capa da cera sen nengún problema.

IMG_20140722_193159

IMG_20140722_193225

IMG_20140722_193627

IMG_20140722_193723

A póla servíralle de alimento ás setas que polo resto precisan de auga e humidade. Deixámolas colocadas nun lugar á beira dun regato onde prácticamente dá a sombra durante todo o día para que teñan fresco e humidade. Co verán que estamos a ter tan variábel con calor mesturado con choivas, é posíbel que medren no periodo dun a dous meses, aínda que habitualmente dánse mellor no periodo que vai do outono a primavera.

Aquí comezo a actualización do post para incluír a imaxe coas setas xa algo medradas. A verdade é que custa moito ve-las iluminadas.

Panellus

Despois de ensinar os resultados a Grupo Reinventa (grazas!), empresa biotech de Ourense a quen lle comprei as setas comentan que o seu crecemento é exitoso (non se consigue sempre) e que só en ambientes de completa escuridade lograrase apreciar a súa luminosidade.

Tamén comentan que teñen observado que precisan osíxeno para brillar e un fotoperiodo corto (+ horas de escuridade que de luz).mmmmm, en base a esta info e as próximas probas coas setas poderei ir madurando unha aplicación interesante para elas. Semella que como sinalizadores en exteriores non resultarían demasiado útiles, mas se callar si a súa introducción nun deseño bio-constructor.

A seguir investigando :)

 

 

 

 

Cultivo espirulina

A mediados deste xuño recibín en Chozas, proxecto permacultor onde estou residindo uns meses, unhas cepas de alga espirulina procedentes de Mallorca. Comezar un cultivo de espirulina para autoabastecemento das persoas que aquí habitan permanentemente ou intermitentemente durante o ano, así como para investigar na liña de fitodepuración e biodiésel no futuro. É un dos tres proxectos que estou realizando neste espazo.

Tanto a cepa como a documentación necesaria para comezar o cultivo teño que agradecerlla á Xarxa d’Espirulina Catalana, documentación que estou traducindo ao galego para expandir a rede. O meu agradecemento a elxs e, en especial, a Lázaro Méndez que foi a persoa que me enviou a cepa para comezar.

espirulina1dia

Cando chegou mesturei a cepa con 4 litros de auga, (sen cloro, temos a sorte de que en Chozas a auga non está tratada.Cando non é así hai que deixala estancada un día para que perda o cloro). Nela introducín sal e bicarbonato sódico para completar o seu medio de vida. A continuación incoporei minerais (nitratos e aquelato de ferro) que Lázaro tamén enviara. Aconséllase ao comezar, proporcionar alimentación mineral.Posteriormente pódese pasar xa a suministrar pipí (que proporciona todos os nitratos precisos e ao que só hai que engadirlle ferro que pode suministrarse cunha solución de auga onde tes sumerxidos clavos oxidados).

A continuación hai que pasar a medir o seu PH (o recomendado está entre 8’5 e 10’5) e a calcular a súa densidade para poder comprobar o seu crecemento. E darlle moito, moito amor.

primeirodensimetro

A continuación funlle dando moita iluminación e calor (coidando que non impacte o sol directo porque pode queimala) coidándoa de cando en vez cunha tela branca con furados se exposta ao sol.Outras veces simplemente deixeina á sombra. Tamén comprei unha bomba de ar para que esté continuamente en movemento durante o día, a axitación vénlle moi ben para distribuír alimento, iluminación e calor uniformemente.A espirulina non debe estar a menos de 18 ºC, sendo a partir dos 23ºC cando prolifera mellor, e aumentando a súa proliferación coa temperatura.

Progresivamente a densidade foi medrando segundo o esperado, a pesar do verán estrano que houbo con choivas e mudanzas de temperatura drásticas, nos propios días e dependendo das semanas. O pH tamén manténse perfecto.

 

IMG_20140725_032911

Un día a espirulina amaneceu cunha escuma branca.Este síntoma non aparecía nos manuais e investigamos online tanto Lázaro desde Mallorca como eu.A escuma era perda de proteína (a espirulina estaba viva) e fora causada por un contraste térmico.Desde entón o controlo da temperatura con termómetro ten sido continuo para darlle calor pero evitarlle mudanzas de moitos graos en poucas horas e coido de colocala sempre á sombra. A espirulina seguiu ben, e na última medición de densidade xa tiña duplicado a inicial. Igualmente achegándose ao outono metereille un termostato e un aquecedor de auga para ter un entorno térmico máis controlado.

IMG_20140713_150240

IMG_20140725_041827

En breves, publicarei manuais traducidos para facilitar a calquera o inicio do coidado desta marabillosa alga, e por suposto, o inicio da partilla de cepas :)

gatoes