Tagged: quimioluminiscencia

Inoculando setas luminiscentes (Panellus Stipticus)

O cultivo de setas luminiscentes é outro dos meus proxectos en/para Chozas.No futuro a intención é utilizalos para integralos en bioarquitectura e/ou para sinalizar carreiros internos do terreo comunitario. Forma parte tamén dunha das miñas liñas de investigación persoal a aplicar nun proxecto que estou a xestar para comezar en outono/inverno.

Os pellets co micelio de Panellus Stipticus merqueino ao Grupo Reinventa de Ourense, a quen lle teño que agradecer tamén as instruccións para a inoculación, así como unha proposta espontánea de colaboracións futuras.

Entre Javi e eu escollimos un carballo da zona e podamos unha póla facendo turnos coas súas ferramentas xaponesas :).Cando se poda unha póla hai que cortala a unha distancia prudencial do tronco para evitar calquera complicación ou dano á árbore. A continuación, trasladamos a póla e cortámola en 5 anacos.

IMG_20140722_183348

IMG_20140722_185236

En cada un dos anacos fixen diversos furados e introducín os pellets. Cun martelo introdúcense completamente no interior do tronco e para rematar cúbrense os furados con cera dunha vela para evitar que esporas doutras especies se introduzan. Ao medrar a seta  atravesa a capa da cera sen nengún problema.

IMG_20140722_193159

IMG_20140722_193225

IMG_20140722_193627

IMG_20140722_193723

A póla servíralle de alimento ás setas que polo resto precisan de auga e humidade. Deixámolas colocadas nun lugar á beira dun regato onde prácticamente dá a sombra durante todo o día para que teñan fresco e humidade. Co verán que estamos a ter tan variábel con calor mesturado con choivas, é posíbel que medren no periodo dun a dous meses, aínda que habitualmente dánse mellor no periodo que vai do outono a primavera.

Aquí comezo a actualización do post para incluír a imaxe coas setas xa algo medradas. A verdade é que custa moito ve-las iluminadas.

Panellus

Despois de ensinar os resultados a Grupo Reinventa (grazas!), empresa biotech de Ourense a quen lle comprei as setas comentan que o seu crecemento é exitoso (non se consigue sempre) e que só en ambientes de completa escuridade lograrase apreciar a súa luminosidade.

Tamén comentan que teñen observado que precisan osíxeno para brillar e un fotoperiodo corto (+ horas de escuridade que de luz).mmmmm, en base a esta info e as próximas probas coas setas poderei ir madurando unha aplicación interesante para elas. Semella que como sinalizadores en exteriores non resultarían demasiado útiles, mas se callar si a súa introducción nun deseño bio-constructor.

A seguir investigando :)